O noso programa para o 21-O (1)

Crear 250.000 postos de traballo

Por que votar as candidaturas De Verdad contra la crisis-Unificación Comunista de España o próximo 21 de outubro? Porque defendemos a necesidade de crear unha fronte ampla de UNIDADE. UNIDADE do 90% do noso pobo para loitar contra os recortes e axustes que nos impoñen o FMI e Bruxelas. UNIDADE para aplicar un programa de redistribución da riqueza, ampliación da democracia e defensa da soberaní­a nacional de España, que nos permita saí­r da crise en beneficio da maiorí­a.

As nosas candidaturas son as únicas en Galicia que afirman, como primeiro punto do programa, que si se pode acabar co paro. Que é posible crear 250.000 postos de traballo produtivos ou de utilidade social nos vindeiros 4 anos. Como? Sobre a base de tres medidas de redistribución da riqueza impulsadas dende o goberno galego. «Hai que transformar Novagalicia Banco nun banco público controlado polos aforradores e depositantes»

En primeiro lugar, transformando Novagalicia Banco nun banco de propiedade pública sen ánimo de lucro, xestionado polo goberno autonómico e controlado por aforradores e depositantes. Todos os seus recursos, que foron xestionados de maneira infame e presuntamente delituosa, hai que poñelos ao servizo de reactivar inmediatamente o crédito ás PEME e autónomos para relanzar o investimento produtivo e a creación de emprego na nosa rexión.

Polo seu enorme volume de activos (equivalentes ao 135% do PIB galego), transformar Novagalicia Banco nun banco público é dotar a Galicia dun sólido piar financeiro dende o que é posible lanzar un ambicioso plan de reindustrialización, expansión e modernización da economía galega.

Asemade, o control público de Novagalicia Banco permite poñer en marcha un plan para a devolución, nun prazo máximo dun ano, do diñeiro investido en preferentes polos 43.000 pequenos aforradores galegos estafados.

En segundo lugar, negociando unha moratoria do 70% do pagamento da débeda pública durante os vindeiros 4 anos. Só en 2012, o goberno galego vai pagar 830 millóns de euros en cubrir a débeda pública. Renegociar unha moratoria no pagamento do 70% significa un aforro de máis de 2.300 millóns de euros ao longo dos catro anos de lexislatura, suficiente para crear máis de 65.000 postos de traballo.

E en terceiro lugar, creando un tramo autonómico no imposto de sociedades para que bancos, monopolios e multinacionais paguen ata un 50% dos seus beneficios. O que daría un aumento da recadación de 1.140 millóns de euros anuais. O que permitiría crear máis de 31.000 empregos cada ano.

Deja una respuesta