ENTREVISTA: Xosé M. (membro do sindicato Unións Agrarias)

«O SECTOR DE PRODUCIÓN LÁCTEO TOMOU AS RÚAS DE SANTIAGO E LUGO»

El pasado 6 de julio se constituyó en Santiago de Compostela la Plataforma en Defensa del sector Lácteo en Galicia. Representantes sindicales agrarios, polí­ticos, sociales y empresariales se unieron para exigir medidas urgentes al Ministerio de Agricultura y a la Xunta ante los bajos precios y la amenaza de no recogida de la leche por parte de los monopolios de transformación lácteo. Esta constitución fue llevada adelante durante la negociación con el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, conversaciones propiciadas por el anuncio del fin de las Cuotas Lácteas impuestas desde la UE.

Ao longo dos meses de Agosto e Setembro sucedéronse mobilizacións comarcais do sector de produción lácteo: Sarria, A Terra Chá, Ordes, Teixeiro, Curtis rematando cunha “tractorada” en Lugo e outra en Santiago de Compostela. Este sector emprega de xeito directo a unhas 60.000 persoas só en Galicia. Moitas explotacións están pechando xa que neste sector de produción non hai beneficios presentes e “co mal que van as cousas…”. Por poñer un exemplo, un litro de leite pagouse no seu mínimo histórico dende fai xa anos a pouco máis de 28 céntimos e un só quilo de penso de alimentación para o gando leiteiro custoulles 38 céntimos aos gandeiros, máis do 100% custa o penso sobre o litro de leite vendido. Explotacións con anos de traxectoria, con gando sa, produtivo e nunhas condicións óptimas non teñen relevo xeracional, no leite non hai futuro. Porque ao igual que con outros sectores de produción os intereses das multinacionais estranxeiras están por riba dos nosos intereses máis inmediatos.

Nos derradeiros anos as políticas comunitarias neste sector de produción económico son similares a outros que xa case teñen desaparecido. O sector siderúrxico desapareceu en beneficio dos altos fornos alemáns, belgas..; o sector de construción naval desapareceu tamén en beneficio das empresas do norte de Europa. Hoxe en día a maior concentración de empresas do sector de produción de aceite de oliva está en mans dun grupo italiano… O sector da pesca, empresas de extracción y produción alimentaria como Pescanova… podemos seguir con esta lista de sectores ou podemos recuperala soberanía económica, recuperala capacidade de produción, loitar non só polo presente económico senón polo futuro modo de vida. Recuperala soberanía nacional en tódolos terreos.

O sector de produción lácteo en España é unha base económica fundamental para milleiros de familias ¿cal é a situación que vos leva a mobilizarvos? ¿Cales foron os motivos?

«Os motivos veñen de vello e desencadeáronse por mor dunha caída estrepitosa dos prezos a partir do pasado mes de Abril»Os motivos veñen de vello e desencadeáronse por mor dunha caída estrepitosa dos prezos a partir do pasado mes de Abril. Son de vello porque o sector de produción lácteo en Galicia non conta cunha estruturación na “cadea de valor do leite” que lle permita protexer coma en outros países a base produtora. Chegouse ate o punto de que non se pode garantir que se cubran os gastos da explotación, chegáronse a pagar 18 céntimos por litro de leite.

¿É unha convocatoria unitaria de todo o sector de produción lácteo?

Esta é unha convocatoria aberta a todo o sector lácteo, nesta loita están as principais organizacións coma é o caso de Unións Agrarias, temos constituída a Plataforma Galega do sector lácteo, integrada por calquera asociación, calquera concello, calquera persoa que quixera ou teña interese en defender o futuro do medio rural Galego. Unitaria, Aberta e Plural.

¿Compartides accións e mobilizacións co conxunto de gandeiros afectados no resto de Comunidades Autónomas?

Nós coma Unións Agrarias facemos parte da Unión de Pequeños Agricultores (UPA). Tamén estamos colaborando con outras organizacións en tódalas mobilizacións, en tódalas accións en defensa do sector lácteo e por extensión do sector rural.

Dende a entrada na Unión Europea asistimos a unha destrución sistemática dos sectores fundamentais da produción, no só no agro senón tamén na industria e nos servizos en beneficio de multinacionais

Pero ademais das imposicións dos gobernos comunitarios ou nacionais, as industrias do sector de transformación do leite impóñenvos uns prezos que non cobren as custes de produción, ¿cal é a vosa reivindicación concreta neste sentido?

Nos queremos que haxa garantías xurídicas igual que noutro sector económico para que lle paguen o que vale o seu traballo aos gandeiros. E que teñan garantías de cobro, agora hai preto de 500 explotacións en Galicia que levan máis de tres meses sen cobrar un peso…

«Precisamos que se estableza con claridade que é iso de “prezo sustentable” por parte do Ministerio»Precisamos que se estableza con claridade que é iso de “prezo sustentable” por parte do Ministerio, nos entendemos que ten que haber uns mecanismos sinxelos e obxetivos de aplicar para valorar o prezo ao que se ten que comprar e vender o leite, que haxa mecanismos para que non se poda vender no mercado a calquera prezo.

Non podo sinalar a un beneficiario, pero si a un prexudicado por esta situación, en primeiro lugar é o consumidor, os cidadáns tamén están vendo como o peso do sector da agricultura se desabastece. Un sector que ocupa o 80% do territorio no caso de Galicia, que dalgunha maneira está xestionado polos gandeiros.

Nós entendemos que isto non é só unha loita dos traballadores do sector de produción lácteo, ¿que chamamento farías para que os traballadores doutros sectores , incluso as organizacións cidadás e partidos apoien esta loita?

Ao redor do sector de produción lácteo non só están os que producen o leite, tamén están os que venden produtos fitosanitarios, sementes… é un modo de vida… Está en xogo que haxa vida económica, social e cultural na maior parte do territorio de Galicia.

Esta loita tivo moita repercusión mediática, incluso internacional, é significativo o nivel de loita… nos queremos dar a mellor e mas ampla cobertura ás vosas reivindicacións. ¿Tedes redes sociais en internet? ¿Outras formas de contacto?

Cada unha das organizacións integrantes da Plataforma de Defensa do Sector Lácteo ten os seus canles de comunicación por internet.

Para rematar, ¿algunha outra cousa que queiras engadir?

Nos buscamos o compromiso da xente cara a nosa loita. Que esa simpatía con este traballo tamén se traduza en non caer nos reclamos comerciais como o de vender o leite a 28 céntimos. Iso perxudícanos a todos.

Deja una respuesta