Entrevista con Sergio Pérez Miguel (Primer candidato por Ourense)

"Parécenos fundamental que a xente teña poder real sobre a polí­tica"

Propoñemos Asembleas de Electores, asembleas onde os cargos electos teñan que render contas perante os votantes do que fan, e o seu cargo poida ser revogado de forma directa en caso de que a xente o decida así­.

5
2 votos
07-10-2012
36 años. Nacido en Vigo. Casado, con una hija. De profesión electricista, actualmente se encuentra, como otros 250.000 gallegos, en paro. 10 años de militancia en UCE.
Contra a corrupción propoñemos que as penas se equiparen ás do crime organizado, porque precisamente son iso: tramas criminais organizadas para saquear o diñeiro público.
36 años. Nacido en Vigo. Casado, con una hija. De profesión electricista, actualmente se encuentra, como otros 250.000 gallegos, en paro. 10 años de militancia en UCE.

D.V..- Toda Ourense está escandalizada co caso de corrupción descuberto no concello da cidade. Que propón UCE para acabar con esta lacra?

Sergio.- Contra a corrupción propoñemos que as penas se equiparen ás do crime organizado, porque precisamente son iso: tramas criminais organizadas para saquear o diñeiro público. Tamén dicimos que hai que investigar ata o final, que non quede no político corrupto do momento. Por que non se investiga ás grandes empresas que conseguen os contratos a través da corrupción? 

 

D.V.- Pero cres que con isto é suficiente?

Sergio.- Tamén propoñemos Asembleas de Electores, asembleas onde os cargos electos teñan que render contas perante os votantes do que fan, e o seu cargo poida ser revogado de forma directa en caso de que a xente o decida así. Esta proposta, UCE lévaa defendendo máis de 20 anos e parécenos fundamental que a xente teña poder de decisión, poder real sobre a política. Nós imos máis alá da ampliación do dereito a referendo que propoñen outras organizacións, a xente quere decidir de forma directa e iso é o que propoñemos.

¿Qué te ha parecido el artículo?