Vota De Verdad contra la crisis-UCE

O voto útil para o 90%

Se estás de acordo con que o que necesitamos é unirnos nunha fronte ampla para derrotar os seus plans de recortes e axustes, o 21-O: VOTA DE VERDAD CONTRA LA CRISIS-UNIFICACIÓN COMUNISTA DE ESPAÑA

5
3 votos
07-10-2012
Se cres que a alternativa que necesitamos para saí­r da crise en beneficio da maiorí­a é redistribuí­r a riqueza, que podemos acabar co paro poñendo os enormes recursos que existen na nosa terra ao servizo dese obxectivo, que ninguén debe ganar menos de 1.000 euros ao mes e ninguén máis de 10.000, e que os que máis teñen paguen máis en impostos para poder subir unhas pensións de miseria e mellorar (e non recortar) a sanidade e a educación públicas; vota DE VERDAD contra la crisis-Unificación Comunista de España.
Este é o voto útil para defender os nosos intereses, os do 90% da poboación, o vindeiro 21-O.
Se cres que a alternativa que necesitamos para saí­r da crise en beneficio da maiorí­a é redistribuí­r a riqueza, que podemos acabar co paro poñendo os enormes recursos que existen na nosa terra ao servizo dese obxectivo, que ninguén debe ganar menos de 1.000 euros ao mes e ninguén máis de 10.000, e que os que máis teñen paguen máis en impostos para poder subir unhas pensións de miseria e mellorar (e non recortar) a sanidade e a educación públicas; vota DE VERDAD contra la crisis-Unificación Comunista de España.

 

Se queres máis democracia, máis participación cidadá, máis democracia directa e control dos votantes sobre os cargos electos, se queres acabar cunha clase política que en vez de representar os seus votantes, só dita leis e medidas para beneficiar a bancos e multinacionais, vota De VERDAD contra la crisis-Unificación Comunista de España. "Se estás farto de que Obama e Merkel nos digan o que temos que facer, vota Unificación Comunista de España"

Se estás farto de que Obama e Merkel nos digan o que temos que facer, de que o FMI e Bruxelas nos impoñan recortes e axustes, se cres que España necesita exercer a súa soberanía nacional para decidir por nós mesmos, de acordo cos nosos intereses e necesidades, vota DE VERDAD contra la crisis-Unificación Comunista de España. 

Este é o voto útil para defender os nosos intereses, os do 90% da poboación, o vindeiro 21-O. O voto útil para facer avanzar un programa e unha alternativa capaz de nos facer ganar forza política ao pobo e facer retroceder o proxecto dos nosos inimigos. Eles queren facernos crer que non é posible. Que non podemos facer outra cosa que nos resignar, e todo o máis protestar fronte ao seu saqueo. 

As candidaturas De Verdade contra a crise-Unificación Comunista de España dicimos, pola contra, que SI SE PODE. Que nós somos o 90%, mentres eles son unha ínfima minoría. E que está nas nosas mans levantar un movimento desa inmensa maioría en beneficio dunha maioría inmensa se nos sabemos unir e organizar. 

Se estás de acordo con que o que necesitamos é unirnos nunha fronte ampla para derrotar os seus plans de recortes e axustes, o 21-O:

VOTA DE VERDAD CONTRA LA CRISIS-UNIFICACIÓN COMUNISTA DE ESPAÑA

 

¿Qué te ha parecido el artículo?