O noso programa para o 21-O (3)

Máis democracia, máis soberaní­a

O machadazo ás pensións é o próximo capí­tulo dos recortes que xa están a preparar. A nosa candidatura propón blindar as pensións na Constitución a través dun referendo. De forma que ningún goberno presente ou futuro poida tocalas ou privatizalas.

5
2 votos
07-10-2012
Fronte ao saqueo dos nosos salarios e ingresos cómpre máis soberaní­a e máis democracia. Máis soberaní­a para poder trazar de forma independente o noso propio camiño de desenvolvemento. E máis democracia para que prevaleza a vontade da maiorí­a sobre unha clase polí­tica que se dobrega docilmente aos ditados de Washington, Berlí­n ou á gran banca española.
Non hai voto máis útil nestas eleccións que votar pola defensa da soberaní­a nacional de España contra a intervención e as imposicións de Washington e Berlí­n.
Fronte ao saqueo dos nosos salarios e ingresos cómpre máis soberaní­a e máis democracia. Máis soberaní­a para poder trazar de forma independente o noso propio camiño de desenvolvemento. E máis democracia para que prevaleza a vontade da maiorí­a sobre unha clase polí­tica que se dobrega docilmente aos ditados de Washington, Berlí­n ou á gran banca española.

O machadazo ás pensións é o próximo capítulo dos recortes que xa están a preparar. A nosa candidatura propón blindar as pensións na Constitución a través dun referendo. De forma que ningún goberno presente ou futuro poida tocalas ou privatizalas. 

Todo o sistema político en España está fundamentado en obstaculizar que a voz popular poida ter unha expresión política de seu, mentres blinda unha clase política entregada e submisa aos Obama, Merkel ou Botín.

A nosa candidatura propón acabar con esta situación a través da formación de Asembleas de Electores que permitan un amplo control popular sobre os representantes políticos. Onde os cargos públicos electos estean obrigados a responder perante os seus votantes. E onde os electores teñamos a capacidade de revogar o mandato outorgado no caso de incumprimento do programa para o que foron votados.

O 21-O temos en Galicia a oportunidade de facer avanzar unha alternativa que di que si podemos saír da crise en beneficio da maioría. Que se nos unimos nunha fronte ampla podemos impoñer un camiño distinto ao da rebaixa salarial e aos recortes que nos están impoñendo.